Responsibilidade Social Empresarial

QUÉ É A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL?

1. Xurdimento da RSE.

2. O papel da RSE na sustentabilidade empresarial:

3. A definición dos valores da empresa.

4. A estratexia de RSE

5. As partes interesadas (stakeholders)

6. Os aspectos económicos, ambientais e sociais da RSE.

7. O establecemento dun sistema de indicadores de RSE.

8. A divulgación da RSE: a memoria de sostibilidade.

A RSE EN EXCELENTIA

Excelentia plantexa a responsabilidade social empresarial como un compromiso a medio e longo prazo onde o mais importante e consolidar progresivamente un itinerario e una forma de facer.

Entendemos que a responsabilidade social empresarial non trata de evitar impactos negativos, se non de integrar positivamente na xestión e nas actuacións empresariais a asunción de valores sociais e medioambientais, en aqueles aspectos que están relacionados coa propia razón de ser de cada empresa en cada sector concreto. Así, a responsabilidade social non e unha mera reación as demandas sociais; tratase dunha oportunidade para exercer o liderazgo empresarial, que, en Excelentia, queremos facer nosa.

Excelentia contribue e quere contribuir no conxunto da sua actuación ao desenvolvimento da nosa sociedade.

Para acadalo, nos vindeiros meses, analizaremos a situación da empresa en materia de RSE, para, a partir deste diagnóstico poder planificar unha serie de actuacións que serán avaliadas unha vez executadas. Todos estes resultados serán comunicados aos nosos grupos de interese a través dunha memoria de sustentabilidade

NOTICIAS

09/09/2010 EXCELENTIA

ISONOR QUALITY comeza a implantación dun Plan de medidas de Responsabilidade Social Empresarial

Coa colaboración da Consellería de Traballo ISONOR QUALITY elaborou o pasado mes de Xuño un estudio pormenorizado dos aspectos concretos da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) dentro da organización, buscando puntos débiles e fortes, amenazas e fortalezas.

Trátase dun estudo diagnóstico inicial sobre a situación actual da empresa no ano 2010, que serviu de base para a elaboración do Plan de implantación de medidas de RSE na organización. O plan comezará a implantarse de xeito gradual en na empresa, dende outubro de 2010 ata Decembro de 2011.

O fin do mesmo e tratar de mellorar no aspecto social e medioambiental, contribuindo no conxunto da súa actuación ao desenvolvimento da nosa sociedade.

BUZÓN DE PARTICIPACIÓN